Casado: “Como non nos imos poñer de acordo quen defendemos a España?”
Despois de que o pasado xullo, no mesmo día en que fracasou a investidura de Pedro Sánchez, a dirección central do PP rexistrase oficialmente estas marcas -entre elas, Galicia Suma-, o PPdeG apresurouse en marcar distancias a respecto dunha eventual coalición con Ciudadanos que, aínda por riba, supuxese renunciar ás súas siglas. No entanto, Pablo Casado regresou das vacacións defendendo un modelo que os de Albert Rivera rexeitan: “Como non nos imos poñer de acordo quen defendemos a España?“, preguntábase retoricamente o líder conservador este luns.
https://praza.gal/politica/casado-teima-na-confluencia-electoral-do-pp-con-ciudadanos-e-feijoo-eloxiaa-para-fora-de-galicia