A vaga de incendios queimou desde o mércores máis de 1.000 hectáreas en Galicia

0
Pola súa banda, en Monforte de Lemos, no que é o incendio máis grande do que levamos do verán en Galicia, mantéñense controladas as lapas logo de queimar unhas 465 hectáreas desde o xoves á tarde. 

Na provincia de Ourense, ademais, os servizos de extinción lograron controlar tamén os incendios que se declararon en Lobeira, dentro do Parque Natural do Xurés, e en Cenelle, na parroquia de Barca de Barbantes. No primeiro deles queimáronse xa 150 hectáreas, mentres que no segundo arderon preto de 96. 

O incendio en Monforte, o máis grande no que vai do verán, mantense controlado tras afectar unhas 465 hectáreas

A combinación de altas temperaturas e do forte vento do nordés avivou as lapas dende o interior de Ourense e Lugo ata comarcas costeiras como a do Barbanza ou na Costa da Morte, superando as 980 hectáreas só nos incendios revelados pola Xunta desde a xornada do xoves e, outra volta, poñendo en perigo zonas habitadas

Ademais dos incendios dos que informa a Consellería do Medio Rural, outros focos máis pequenos prenderon en Muíños (tamén no Xurés e xa extinguido logo de afectar 10 hectáreas), Ribas de Sil, Arteixo, Cangas, Rodeiro ou Viana do Bolo durante as últimas horas. 

Ademais, a Xunta informou sobre artefactos incendiarios en varios incendios e de que xa hai sospeitosos sobre o foco que prendeu en Ribeira. Ademais, o conselleiro de Medio Rural, José González, aclara que houbo 16 incendios de noite, cando non podían actuar xa os medios aéreos.

Segundo as previsións do Goberno galego, as condicións meteorolóxicas actuais prorrogaranse durante a fin de semana, polo que o risco extremo de actividade incendiaria manterase “polo menos ata o domingo”.

https://praza.gal/acontece/a-vaga-de-incendios-queimou-desde-o-mercores-mais-de-1000-hectareas-en-galicia

praza.gal

También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.