A maior parte do eucalipto que necesita a ampliación da planta de ENCE en Asturias procederá de Galicia

0
ENCE está a ampliar a factoría de produción de celulosa que posúe na localidade asturiana de Navia, a 30 quilómetros de Galicia, incrementando a súa capacidade en 280.000 toneladas anuais de produto final, ata as 820.000. A primeira fase desta ampliación finalizará nunhas semanas e completarase coa construción dunha nova planta -nos mesmos terreos- nun futuro inmediato. Esta nova planta fabricará ademais un novo tipo de pasta de celulosa (dissolving) que necesita da variedade nitens do eucalipto. En total, a factoría de ENCE en Navia necesitará 1,7 millóns de toneladas máis de madeira.

A variedade nitens, con maior capacidade de extensión por riba dos 400 metros de altitude, está prohibido en Asturias, pero non en Galicia 

Os plans de ENCE espertaron as críticas de grupos ecoloxistas en Asturias, que vían no uso do eucalipto nitens un intento por parte da compañía de forzar a modificación da lei que na actualidade prohibe a plantación no Principado desta variedade de eucalipto. Porén, ENCE asegurou a semana pasada que todo o eucalito que utlizará para as novas producións procederá de Galicia, onde o nitens  si está permitido.

O eucalipto nitens  leva anos no centro da polémica en Asturias. O Goberno rexional acabou decretando a prohibición de plantalo en todo o territorio asturiano, unha decisión que foi apoiada por varias sentenzas xudiciais, ata que a Audiencia Nacional concluíu a “capacidade expansiva” do Eucalipto nitens, debido á súa “capacidade de proliferar en condicións térmicas estritas”. Fronte á especie globulus (a máis común en Galicia), que adoita crecer por debaixo dos 400 metros de altitude, a especie nitens  pode crecer en alturas superiores e, ademais, resiste mellor o vento. No ano 2016 a Xunta autorizou a plantación de eucalipto nitens  en dúas terceiras partes do país, ficando só prohibido na provincia de Ourense, e o sur e a montaña de Lugo. Exactamente as mesmas limitacións que existían con anterioridade.

https://praza.gal/acontece/a-maior-parte-do-eucalipto-que-necesita-a-ampliacion-da-planta-de-ence-en-asturias-procedera-de-galicia

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks