A CIG denunciará a readmisión irregular das súas candidatas despedidas na empresa Saraiva

0
A CIG de Pontevedra anunciou hoxe que presentará unha denuncia na Inspección de Traballo e no Xulgado do Social contra a empresa Sacendi, que xestiona centros de atención ás persoas maiores baixo o nome comercial de Saraiva, por readmisión irregular de dúas candidatas da central ás eleccións sindicais. Ademais, levará á Fiscalía as irregularidades e as graves deficiencias detectadas na prestación asistencial, como a saturación das residencias ou a falta de dependencias adaptadas.



O secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, compareceu hoxe en rolda de pensa xunto ao responsábel sindical Xaquín Agulla e ás dúas traballadoras afectadas para facer pública o clima de persecución sindical que se vive dentro da compañía dende que a central decidiu conformar unha candidatura para concorrer ao proceso de eleccións sindicais.

De feito, a dirección de Saraiva optou por despedir ás tres promotoras da candidatura- integrada por 15 persoas- nos días posteriores a que lista fose aprobada en asemblea pública. A reclamación no SMAC rematou coa readmisión de dúas delas, xa que a terceira aceptou a indemnización á que tiña dereito despois de que a empresa recoñecese a improcedencia das rescisión de contrato.

Máis ás outras dúas aínda non as dou de alta na Seguridade Social, a pesar de que a resolución é do pasado martes día 3, dándose a coincidencia de que unha delas tivo un accidente de camiño ao traballo e agora non ten dereito a cobertura médica por parte da mutua. Ademais, unha delas está a ser illada no centro de traballo, mentres que a outra foi trasladada a Marín.

Diante disto, a CIG presentará unha denuncia inmediata diante da Inspección do Traballo e do Xulgado do Social por readmisión irregular, o entender que a actitude da empresa constitúe unha vulneración dun dereito fundamental como o de liberdade sindical.

Deterioro asistencial

Paralelamente, a central levará á Fiscalía as irregularidades e as graves deficiencias na prestación asistencial detectadas nos centros de maiores que xestiona Saraiva en Pontevedra, Marín e Poio, ademais de prestar asistencia a domicilio en Vilanova de Arousa.

De feito, foi este deterioro asistencial o que motivou que as traballadoras/es “comezaron a tomar conciencia” e se puxeran en contacto coa CIG para rematar finalmente configurando unha candidatura ao comité de empresa, integrado por 5 representantes, xa que a compañía conta con 64 empregadas/os repartidas/es entre os tres centros de traballo e a asistencia domiciliaria. 

A empresa sabe cando vai haber inspeccións e manobra para que non detecten o exceso de prazas

En concreto sinalan que o pasado 31 de xullo houbo unha inspección da Xunta na empresa, “pero como xa sabían que se ía producir, dous días antes baleiraron as habitacións dos residentes que en realidade son zonas de descanso para que non detectasen que en lugar das 35 prazas que teñen asignadas superan as 50”.

O que fixeron foi transformar zonas de descanso en habitacións para acoller o exceso de persoa, que baleiran cando saben que vai haber unha inspección. “Ese día tamén collen ás persoas maiores e as levan de paseo para que non as vexan”, denuncian.

Outra das irregularidades ten que ver coa normativa de accesibilidade, xa que a pesar de contar con máis dunha ducia de persoas grandes dependentes o comedor non está adaptado, “ademais de rexistrar temperaturas superiores aos 27 graos no verán”.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-denunciara-a-readmision-irregular-das-suas-candidatas-despedidas-pola-compania-pontevedresa-saraiva-8339.html

cig.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks