Ás seis da tarde desatouse o incendio forestal activo na localidade pontevedresa de Mondariz, na parroquia de Sabaxáns, para o que a Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a “Situación 2”.
Esta medida operativa de emerxencia, que obriga ao desaloxo das vivendas, declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala.
En primeiro lugar, procedeuse á evacuación das persoas maiores polo risco de inhalación de fume.
O incendio comezou ás 18:17 horas en tres lugares á vez e segundo as novas estimacións, afecta a máis de 120 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 1 tractor e 10 helicópteros.
Están tamén actuando os efectivos da AUME, a Unidade Militar de Emerxencias, e de Protección Civil, segundo precisou Medio Rural.
Polo momento o lume arrasou xa máis de 120 hectáreas e arde en tres focos preto de vivendas no lugar de Ou Barro, Barral e Boente. Na zona traballan tres axentes forestais, un técnico, dezaoito brigadas, nove motobombas, tres pas, un tractor e oito helicópteros que tiveron que volver a base pasadas as 20.00 horas. Colaboran cos axentes forestais a Policía Autonómica, A Garda Civil e Protección Civil.
O conselleiro de Medio Rural José González Vázquez tamén se desprazou a este punto para supervisar os labores de contención do lume. Os veciños de Sabaxáns e Gargamala tamén se implicaron nos traballos de contención e testemuñas presenciais destacan a colaboración doutras persoas chegadas desde os municipios lindeiros.
Un incendio en la localidad pontevedresa de Mondariz obliga al desalojo de viviendas como medida preventiva https://t.co/DuKRlQBJ3W pic.twitter.com/uT2gj1wqz3
— Europa Press (@europapress) October 7, 2018
Os efectivos de emerxencias iniciaron as primeiras evacuacións ao redor das 20.00 horas, cando sacaron do lugar ás persoas de idade avanzada de Sabaxáns e Gargamala ante o risco dunha intoxicación por inhalación de fumes.
As autoridades reuniron aos afectados na igrexa parroquial de Sabaxáns. Varios accesos por estrada foron cortados ao tráfico para facilitar o traballo dos efectivos de emerxencias.
A densa fumareda provocada pola queima do bosque de eucaliptos provocou alerta en toda a comunidade. A columna de fume pronto se fixo visible desde diferentes puntos do sur da provincia de Pontevedra e pasadas as oito da tarde o fume escureceu completamente o ceo da ría de Vigo. Veciños de Valença, en Portugal, tamén son testemuñas do fume.
Así trabaja #Brif Laza en ataque directo, el fuego tocándonos la ropa, cuerpo a cuerpo contra el. Incendio Mondariz #IFSabaxánsMondariz pic.twitter.com/hRWnMHdRR6
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) October 7, 2018
A veces no salen las cosas como una piensa…Debido a la oscuridad de la noche,al terreno,a un cambio de viento etc. las situaciones también se nos complican a nosotros.(audio). Tranquilos q estamos bien y #Brif Laza seguimos trabajando en #IFSabaxansMondariz (incendio Mondariz) pic.twitter.com/bth5T1XX9h
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) October 7, 2018
Vigo énchese de nubes de fume polo lume de Mondariz, como pasou co de San Estevo de Negros hai uns dias. E ardeu o Xurés, o Invernadoiro, a Ribeira Sacra, e asi sen ser parte da actualidade nin abrir o telexornal camiñamos cara #UnPaisdeCinzas (1/2) pic.twitter.com/93oDAdS9ED
— Galiza Contrainfo ? (@gzcontrainfo) October 7, 2018
? ÚLTIMA HORA | Incendio na parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz. O lume queimou máis de 20 hectáreas e está a 300 metros das vivendas. Máis información, no TX Serán ás 21 horas. pic.twitter.com/jA1dkmrCU0
— TVG (@TVGalicia) October 7, 2018
A cobertura por parte da TVG foi moi deficiente. A televisión pública non cortou a emisión dos seus programas e só informou do incendio no telexornal da noite.
Os galegos poidderon seguir o acontencido a través das redes sociais e de “laSexta” que si foi informando do acontecido mais non na televisión galega.
O descontento quedou patente nas redes sociais:
Es una vergüenza no poder contar con la #TVG para tener información sobre el incendio de Mondariz. https://t.co/n4CbtkC6M9
— Julieta451 (@Julieta451) October 7, 2018
Outra vez lume, xente desaloxada, serramoura na TVG, Ana Pastor entrevistando a conselleiros balbuceantes e o anuncio de Ence na radio galega.
Galicia caníbal.#Mondariz— bruno arauxo (@barauxo) October 7, 2018
https://twitter.com/vitoria201059/status/1049023976402571264
Por qué a @TVGalicia non informa? #Feijoo #incendios #Mondariz #Galicia
Non a manipulación informativa da TV gallega!!! https://t.co/710R3kWUPX— Sara Elvira Ibarz So/❤️ (@SSarelvis67) October 7, 2018
Solo la Xunta de Feijoo no podría prever que tras dos meses de sequía sucedería esto. Feijoo cómplice. Galicia arde pic.twitter.com/3rAdFZMup0
— Isabel Quintans (@IsabelQuintansR) 7 de octubre de 2018