En Marea perdería a metade de votos

0

O barómetro que acaba de facer público o CIS, realizado trala moción de censura que levou a Pedro Sánchez ao poder, reflicte unha importante caída nos resultados de En Marea, a quen outorga unha estimación de voto do 0, 7 %. Unha cifra que supón practicamente caer á metade do que se lle atribuía no barómetro de abril -cando se situaba no 1,3 %- e do 1, 44 % obtido nas eleccións de xuño do 2016, que lle deron unha representación de cinco deputados. Unha tendencia similar á que rexistraron os seus socios no Congreso.

A formación que lidera Pablo Iglesias e o resto de confluencias ( Compromis, En Común- Podem e En Marea) obterían, se agora se convocasen eleccións, o 15,6 % dos votos, fronte ao 21,1 % de apoios obtidos na cita electoral do xuño do 2016 e que se traduciu nun total de 71 deputados.

Loading…

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks