Denuncian a un madrileño por acudir á súa segunda vivenda en Ribeira
A Policía Nacional proporá sanción ante a Subdelegación do Goberno na Coruña por desobediencia á autoridade ao infrinxir as normas do estado de alarma
A Policía Nacional de Ribeira denunciou esta fin de semana a un residente en Madrid por incumprir as normas do confinamento establecidas no decreto de estado de alarma derivado da pandemia da Covid-19 e nas directrices establecidas nas fases de “desescalada”, motivo polo que será proposto pra sanción ante a Subdelegación do Goberno na Coruña.
Foi un particular o que avisou á comisaría da presenza dun home natural da capital de España na súa segunda vivenda do municipio ribeirense, polo que unha patrulla trasladouse até alí e, tras velo saír da casa e dirixirse ao seu vehículo, procedeu a identificalo e a preguntarlle se tiña algunha causa xustificada para desprazarse dende España a Galiza.
Ao parecer, mostroulle aos axentes un escrito dun avogado que lle autorizaba a facelo, algo que entenderon os efectivos policiais que non figuraba entre as excepcións ás norma e procederon a denuncialo.
Iso produciuse xusto despois de que se fixese público que a Policía Local de Ribeira recibira nas últimas datas múltiples avisos de veciños alertando da presenza de persoas de fóra de Galiza.